Ofertas de empleo activas:
TÉCNICO/A DE TELECOMUNICACIÓNS ESTACIÓNS DE TELEFONÍA MÓBIL (PIM)
Técnico/a de telecomunicacións estacións telefonía móbil (PIM) na empresa cooperativa Strelia Electrotecnia (strelia.pro).
Para realización de traballos de campo en estacións de telefonía móbil de diagnóstico e corrección da instalación, por problemas PIM e IE para optimización de RSSI, e outros traballos de campo e oficina técnica de telecomunicacións. Búscase persoal que teña experiencia de instalador/mantemento de radiofrecuencia e traballo en torres.
A empresa ofrece a oportunidade de formación e apoio no resto de aspectos técnicos avanzados que require o perfil.
REQUISITOS:
- Experiencia en instalación e operativas da rede de telefonía móbil (conectorizado coaxial, RF…).
- Experiencia e soltura en traballos en altura (torres e azoteas).
- Manexo de equipamento electrónico e informático, GPS, fotografías xeoreferenciadas, documentación e aplicacións informáticas (LibreOffice, Google Maps), smartphone Android, etc.
- Permiso de conducir.
- Idioma de traballo: Galego e Español. Valora-se Inglés.
VALORARASE:
- Titulación en Técnico superior en sistemas de Telecomunicacións e Informática ou semellante.
- Diagnóstico/corrección RSSI (IE/PIM).
- Manexo de instrumentación de RF.
- Formación/acreditacións TELCO, Alturas e PRL60h.
- Capacidade de traballo en equipa. Orientación á organización e á metodoloxía.
OFRÉCESE:
- Formación técnica inicial e continuada específica.
- Contrato laboral indefinido (con período proba).
- Vehículo da frota de Strelia.
- Salario entre 30.000 €-40.000 €.
- Horario 08:00 a 17:00 e venres 08:00 a 14:00.
- Integración na equipa de traballo de Strelia.
- Ambiente de traballo colaborativo. Organización, profesionalidade e participación na empresa.
- Posibilidade de incorporación como socio/a.
- Incorporación inmediata.
Envío de CV a: info@strelia.pro (Indicar referencia “Técnico/a PIM 202409”)
Neste momento non temos máis ofertas dispoñibles, pero podes enviarnos os teus datos e o teu CV e terémolo en conta para futuros procesos de selección.