O artº 4.3 dos estatutos de Strelia Electrotecnia establece que a cooperativa desenvolverá o seu obxecto social seguindo os seguintes principios e valores:
- A actividade será sempre comprometida, respectuosa e favorábel para:
- a ecoloxía e a sustentabilidade ambiental,
- a paz social,
- a igualdade de xénero e a dignidade das persoas e
- a diversidade cultural e étnica.
- A cooperativa respectará, defenderá e porá en valor a súa orixe social, cultural e identitaria galega, cunha perspectiva aberta, intercultural, multilingüe e con proxección europea, ibero-americana, e global.
- A cooperativa pulará polo desenvolvemento de tecnoloxía e industria propia e innovadora, que xere postos de traballo e riqueza na sociedade galega, procurando a excelencia na calidade dos seus produtos, e o óptimo e profesional servizo á sociedade.
Strelia Electrotecnia fai parte da unión empresarial de cooperativas EspazoCoop, practicando e aplicando os valores e principios da Alianza Cooperativa Internacional (ACI).