Strelia Electrotecnia desenvolve solucións de electrónica profesional en campos como as telecomunicacións, a oceanografía, as ciencias da terra, o control industrial e a eficiencia enerxética.
Facemos os proxectos de I+D para os produtos encomendados, integramos a tecnoloxía axeitada e prestamos os servizos de enxeñaría electrónica e de telecomunicacións para a execución integral das solucións. A equipa da Strelia ofrece anos de experiencia e prestixio recoñecido no mundo do desenvolvemento electrónico e a oficina técnica de telecomunicacións.
Strelia Electrotecnia é compromiso profesional, calidade e valores sociais. Somos unha iniciativa cooperativa desde a que traballamos con fundamento, seriedade e eficiencia para a nosa clientela; procurando sempre o respecto e coidado da natureza, das persoas e a súa diversidade.
A sede social, oficinas e laboratorios de desenvolvemento sitúanse en Santiago de Compostela (Galiza) desde onde colaboramos e traballamos para entidades da península Ibérica, Europa e o resto do mundo.
A empresa acada no seu primeiro ano a cualificación como Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica (IEBT) pola Xunta de Galicia:
Nº Rexistro 66/206/2013/IEBT
Resolución da Secretaria General de Ciencia e Innovación pola que se procede á inscripción no Registro de Pymes Innovadoras.