Telecomunicacións

Previous Image
Next Image

info heading

info content

Strelia Electrotecnia desenvolve solucións de enxeñería e oficina técnica no campo das telecomunicacións para as empresas mais importantes do sector. Con persoal cualificado e con anos de experiencia na implantación, supervisión e xestión de proxectos de enxeñaría neste campo, acadamos os obxectivos de calidade, tempos e custos que precisan os nosos clientes.

Proxectos realizados


Campañas de medida para a certificación de emisións radioeléctricas de tipo A, B e D (MRE) segundo R.D.1066/2001 para as redes de telefonía móbil de Orange e Vodafone.

Levantamento de datos de enxeñaría de planta actual e xestión de permisos para o despregamento da rede de fibra óptica FTTH de Vodafone-Orange.

Resolución de incidencias por afeccións da tecnoloxía LTE800 (4G) en instalacións da TDT, incluíndo asesoramento técnico e proxectos especiais do operativo “Llega 800”.

Realización de cartografías e documentación final (CAP) para proxectos de instalacións e obra civil de distintos operadores de telecomunicacións.

Informes de estado en centros emisores e de telecomunicacións con inventariado de equipamento, avaliación do estado operativo e conservación, delimitación de dominios, valoracións económicas e informes xurídicos en colaboración con gabinete de avogacía especializado.

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!