GalleryPosts

INFOR-MAR: PRESENTAMOS RESULTADOS gallery

Strelia Electrotecnia, xunto con Hércules Control e Quantum Innovative presentan os seus resultados de innovación nun evento divulgativo final de proxecto. Ao abeiro do proxecto INFOR-MAR de “tecnoloxías para o despregue de información marítima de precisión”, desenvolvéronse sistemas e equipamento para redes sensóricas de alta precisión e baixo custe, que permiten aplicar matemática avanzada para unha disrupción no modelo de negocio da predición océano-meteorolóxica. Strelia desenvolveu a electrónica de ultra-baxo consumo e alta fiabilidade con entradas para unha ampla gama de sensores, e sistemas de comunicacións celulares. Intégrase unha ampla gama de parámetros de medida para ampliar significativamente a dispoñibilidade de información. Deseñouse unha estrutura (boia) que optimiza a captura de datos para os sensores embarcados. Optimizouse o funcionamento dos ...

Continue Reading

XORNADA DE PLANO ANUAL 2020 gallery

Strelia ven de realizar a sua xornada anual de planificación, desta volta visitando Merza e o val do Deza. Para o 2020 fixamos como obxectivos consolidar a equipa de 6 persoas con pleno rendemento, incluíndo como novidade o lanzamento inminente dum produto propio no que vimos traballando no noso I+D+i. Foi unánime o parecer sobre a resposta positiva da nosa clientela e o obxectivo de seguir mantendo esta liña de traballo. Foi recoñecida a boa atención ao cliente, os proxectos interesantes e de moito valor engadido que estamos a desenvolver, e que procede ampliar esta liña de traballo e carteira en novos sectores. Despois dun rico xantar de convívio en O Refuxio, a actividade da tarde foi un roteiro á ...

Continue Reading

PREMIO MANUEL BEIRAS POLO USO CONTINUADO DO GALEGO NA EMPRESA gallery

A Cámara de Comercio e Concello de Santiago de Compostela veñen de conceder a Strelia o XX Premio Manuel Beiras na categoría “Uso continuado do galego”. Un recoñecemento, por empregarmos o galego nun sector empresarial innovador e dinámico como é o da electrónica, as telecomunicacións e a industria. Énchenos de orgullo e fortalece o noso compromiso coa lingua propia como elemento válido para comunicar no mundo empresarial local e internacional, mais tamén para transmitir valores como o de calidade, compromiso, seriedade e respecto pola diversidade natural, social e cultural. Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer e por en valor ás empresas que usan a lingua galega na súa comunicación dentro do ámbito empresarial, e que nesta edición de 2019 partillamos ...

Continue Reading

Visita da secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia a Strelia. gallery

A Xunta salienta o seu compromiso co cooperativismo para dinamizar e modernizar o rural na visita da secretaria xeral de Emprego a Strelia. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou as instalacións de Strelia Electrotecnia onde resaltou a labor da cooperativa no desenvolvemento, fabricación e implantación de produtos e sistemas electrotécnicos e onde puido coñecer, de primeira man, os nosos traballos e proxectos, en colaboración con outras empresas, en áreas como a oceanografía, a transformación agro-forestal, as ciencias da terra ou os nosos servizos no campo das telecomunicacións, e onde destacou a importancia de proxectos cooperativos e de economía social, coma o de Strelia, para seguir dinamizando e modernizando o rural galego. Na visita guiada, a secretaria xeral coñeceu ...

Continue Reading

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!