Strelia Electrotecnia, xunto con Hércules Control e Quantum Innovative presentan os seus resultados de innovación nun evento divulgativo final de proxecto. Ao abeiro do proxecto INFOR-MAR de “tecnoloxías para o despregue de información marítima de precisión”, desenvolvéronse sistemas e equipamento para redes sensóricas de alta precisión e baixo custe, que permiten aplicar matemática avanzada para unha disrupción no modelo de negocio da predición océano-meteorolóxica. Strelia desenvolveu a electrónica de ultra-baxo consumo e alta fiabilidade con entradas para unha ampla gama de sensores, e sistemas de comunicacións celulares. Intégrase unha ampla gama de parámetros de medida para ampliar significativamente a dispoñibilidade de información. Deseñouse unha estrutura (boia) que optimiza a captura de datos para os sensores embarcados. Optimizouse o funcionamento dos ...
Continue Reading
Reportaxe da Cámara de Comercio en La Voz de Galicia, expoñendo o caso de Strelia como éxito de boas prácticas do programa Innocámaras en Galicia. Strelia foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co obxectivo de potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para o “desenvolvemento do produto humidímetro diferencial” para apoiar a creación e consolidación de empresas innovadoras, con data 10/12/2018. Contou para isto co apoio da Cámara de Comercio de Compostela no programa InnoCámaras. Reportaxe en prensa (GL) 22 de novembro de 2019
Continue Reading
Non perdas a nosa emisión por web sobre “Solucións profesionais con hardware libre Arduino e Raspberry-pi”, este venres 8 de marzo, desde o laboratorio de Strelia, ás 09:30 na plataforma #DemosXweb do CDTIC. Aproveitar todo o coñecemento, plataformas, solucións e complementos de hardware libre co seu software libre asociado reduce enormemente os custos de enxeñería e permite chegar ao mercado decontado con solucións innovadoras e produtivas. Para unha TIC ter produto propio, con elementos de hardware de seu, ábrelle as portas a infinidade de solucións específicas e exclusivas no mercado. Programa Apresentación de Strelia Electrotecnia S. Coop. Galega Hardware libre… que é? que hai, estado actual? que me pode resolver? como podo xerar negocio? Solucións Strelia: A.- Industrialización de ...
Continue Reading