Strelia Electrotecnia, xunto con Hércules Control e Quantum Innovative presentan os seus resultados de innovación nun evento divulgativo final de proxecto. Ao abeiro do proxecto INFOR-MAR de “tecnoloxías para o despregue de información marítima de precisión”, desenvolvéronse sistemas e equipamento para redes sensóricas de alta precisión e baixo custe, que permiten aplicar matemática avanzada para unha disrupción no modelo de negocio da predición océano-meteorolóxica.

    • Strelia desenvolveu a electrónica de ultra-baxo consumo e alta fiabilidade con entradas para unha ampla gama de sensores, e sistemas de comunicacións celulares.
    • Intégrase unha ampla gama de parámetros de medida para ampliar significativamente a dispoñibilidade de información.
    • Deseñouse unha estrutura (boia) que optimiza a captura de datos para os sensores embarcados.
    • Optimizouse o funcionamento dos sensores de ondas, para fornecer datos coa calidade precisada para realizar predicións fiábeis.

O proxecto desenvolveuse co apoio do programa Conecta Peme 2018 da GAIN.

O evento terá lugar na segunda-feira, dia 21 de decembro, ás 11:00 por vídeo conferencia.

DÍPTICO EVENTO FINAL INFOR-MAR 2020 (ESP)

16 de decembro de 2020