Categories ArchivesUncategorised

STRELIA SELECCIONADA COMO CASO DE ÉXITO DE BOAS PRÁCTICAS DO PROGRAMA INNOCÁMARAS EN GALICIA image

Reportaxe da Cámara de Comercio en La Voz de Galicia, expoñendo o caso de Strelia como éxito de boas prácticas do programa Innocámaras en Galicia. Strelia foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co obxectivo de potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para o “desenvolvemento do produto humidímetro diferencial” para apoiar a creación e consolidación de empresas innovadoras, con data 10/12/2018. Contou para isto co apoio da Cámara de Comercio de Compostela no programa InnoCámaras. Reportaxe en prensa (GL) 22 de novembro de 2019

Continue Reading

DEMOXWEB – SOLUCIÓNS PROFESIONAIS CON HARDWARE LIBRE image

Non perdas a nosa emisión por web sobre “Solucións profesionais con hardware libre Arduino e Raspberry-pi”, este venres 8 de marzo, desde o laboratorio de Strelia, ás 09:30 na plataforma #DemosXweb do CDTIC. Aproveitar todo o coñecemento, plataformas, solucións e complementos de hardware libre co seu software libre asociado reduce enormemente os custos de enxeñería e permite chegar ao mercado decontado con solucións innovadoras e produtivas. Para unha TIC ter produto propio, con elementos de hardware de seu, ábrelle as portas a infinidade de solucións específicas e exclusivas no mercado.   Programa Apresentación de Strelia Electrotecnia S. Coop. Galega Hardware libre… que é? que hai, estado actual? que me pode resolver? como podo xerar negocio? Solucións Strelia: A.- Industrialización de ...

Continue Reading

BOIA BARES CANDIDATA AOS TIC GALICIA image

A boia oceanográfica Bares, desenvolvida por Hércules e Strelia, ven de ser escollida como finalista aos premios do Cluster TIC na modalidade de mellor proxecto de tecnoloxías libres (HW e SW). Podes votar aquí polo noso proxecto. Só hai un día para votar!!!! BOIA BARES MONITORIZADO OCEANOGRÁFICO DE ONDAS, DIRECCIONAL E DE ALTA PRECISIÓN. Hércules Control, S.L. Strelia Electrotecnia, S. Coop. Galega A boia Bares é un sistema flotante de monitorización de ondas en tempo real baseado na última tecnoloxía de sensores inerciais. Lanzou-se ao mercado en 2018 e conta xa con instalacións piloto e comerciais operativas en diferentes partes do mundo (Galiza e Portugal, Azores, Centroamérica). O sistema integra elementos de hardware libre como Arduino, reformulados por Strelia para ...

Continue Reading

JORNADA DE PLANO ANUAL image

Strelia vem de realizar a sua jornada anual de planificação, desta volta visitando a freguesia de Gres na Ulha. Na avaliação do 2018 destaca termos acadado resultados económicos positivos e um importante avance na carteira de projetos e clientela, tanto da nossa oficina técnica de telecomunicações, como na linha de desenvolvimento eletrónico.   Para o 2019 previu-se um incremento do persoal de engenharia para o desenvolvimento de novos produtos de tecnologia eletrónica coas nossas parceiras em oceanografia. Perfilou-se também como novidade para Strelia o lançamento no mercado de produtos próprios noutras áreas tecnólogicas.   Depois dum rico jantar de convívio n’O Pote, a atividade da tarde foi umha mui interessante visita ao serradoiro de Gres, “revivido” hai dous anos pola ...

Continue Reading

CONCESIÓN DE TICCÁMARAS E INNOCÁMARAS image

Strelia foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co obxectivo de mellorar o uso e a calidade das TIC implantando unha “solución de xestión integral (ERP)” e un “sistema de prototipado rápido baseado nunha ferramenta de CAD 3D” para a mellora da competitividade e produtividade da empresa, con data 7/12/2018. Contou para isto co apoio da Cámara de Comercio de Compostela no programa TicCámaras. Strelia foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co obxectivo de potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para o “desenvolvemento do produto humidímetro diferencial” para apoiar a creación e consolidación de empresas innovadoras, con data 10/12/2018. Contou para isto co apoio da Cámara de Comercio de Compostela no programa InnoCámaras. 11 ...

Continue Reading

STRELIA INCORPÓRASE A AGASOL image

Strelia Electrotecnia incorpórase a AGASOL (Asociación de empresas galegas de software libre). Alén de sermos unha cooperativa usuaria e en prol do software libre, Strelia ven desenvolvendo con éxito proxectos de electrónica profesional no ámbito de hardware libre, OSH (Open Source Hardware). Dende a perspectiva da electrónica profesional, o hardware libre non só é útil, senón que é un recurso de máxima eficiencia no desenvolvemento de novos produtos e solucións para a nosa clientela. Ben sexa con elementos do universo Arduino, ou con procesadores mais potentes como as versións industriais de RaspberryPi e semellantes, ou mesmo co agromar das FPGAs libres, as solucións de electrónica de control, telemetría, IoT, Industria 4.0, sensorización, telecomunicacións, etc, son claramente mais competitivas e fiábeis artelladas no mundo da electrónica ...

Continue Reading

INFOR-MAR: “Tecnoloxías para despregamento de información marítima de precisión”. standard

O proxecto INFOR-MAR foi subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través do programa CONECTA PEME correspondente ao ano 2018, cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 dentro do obxectivo temático OT 1. “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”. O proxecto conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. No proxecto consorciado participan HERCULES CONTROL S.L., STRELIA ELECTROTECNIA S. COOP. GALEGA, e QUANTUM INNOVATIVE S.L. cun orzamento total de 767.560,40€ e subvención concedida de 383.780,20€. O obxectivo do presente proxecto é desenvolver unha rede de sensórica de alta precisión e baixo custo, que permita aplicar matemática avanzada para unha disrupción no modelo de negocio da predición océano-meteorolóxica. Como resultado ...

Continue Reading

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!