Strelia participa no encontro “PROXECTOS EN COMÚN. BUSCANDO COOPERAR”.

No encontro organizado por UGACOTA e AGACA para cooperativas, sociedades laborais e outras organizacións, déronse a coñecer exemplos e experiencias de redes de cooperación de empresas do ámbito da economía social, de diversos sectores como o agro-alimentario onde Strelia está a desenvolver varios proxectos de I+D+i. Strelia participa na xornada presentando a súa experiencia como unha cooperativa nova máis xa con unha boa traxectoria no ámbito do desenvolvemento electrónico e I+D, dando a coñecer os seus servizos e capacidades e e pondo a súa disposición a participar en novas redes de cooperación.