Tags Archiveselectrónica

INFOR-MAR: PRESENTAMOS RESULTADOS gallery

Strelia Electrotecnia, xunto con Hércules Control e Quantum Innovative presentan os seus resultados de innovación nun evento divulgativo final de proxecto. Ao abeiro do proxecto INFOR-MAR de “tecnoloxías para o despregue de información marítima de precisión”, desenvolvéronse sistemas e equipamento para redes sensóricas de alta precisión e baixo custe, que permiten aplicar matemática avanzada para unha disrupción no modelo de negocio da predición océano-meteorolóxica. Strelia desenvolveu a electrónica de ultra-baxo consumo e alta fiabilidade con entradas para unha ampla gama de sensores, e sistemas de comunicacións celulares. Intégrase unha ampla gama de parámetros de medida para ampliar significativamente a dispoñibilidade de información. Deseñouse unha estrutura (boia) que optimiza a captura de datos para os sensores embarcados. Optimizouse o funcionamento dos ...

Continue Reading

STRELIA SELECCIONADA COMO CASO DE ÉXITO DE BOAS PRÁCTICAS DO PROGRAMA INNOCÁMARAS EN GALICIA image

Reportaxe da Cámara de Comercio en La Voz de Galicia, expoñendo o caso de Strelia como éxito de boas prácticas do programa Innocámaras en Galicia. Strelia foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co obxectivo de potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para o “desenvolvemento do produto humidímetro diferencial” para apoiar a creación e consolidación de empresas innovadoras, con data 10/12/2018. Contou para isto co apoio da Cámara de Comercio de Compostela no programa InnoCámaras. Reportaxe en prensa (GL) 22 de novembro de 2019

Continue Reading

DEMOXWEB – SOLUCIÓNS PROFESIONAIS CON HARDWARE LIBRE image

Non perdas a nosa emisión por web sobre «Solucións profesionais con hardware libre Arduino e Raspberry-pi», este venres 8 de marzo, desde o laboratorio de Strelia, ás 09:30 na plataforma #DemosXweb do CDTIC. Aproveitar todo o coñecemento, plataformas, solucións e complementos de hardware libre co seu software libre asociado reduce enormemente os custos de enxeñería e permite chegar ao mercado decontado con solucións innovadoras e produtivas. Para unha TIC ter produto propio, con elementos de hardware de seu, ábrelle as portas a infinidade de solucións específicas e exclusivas no mercado.   Programa Apresentación de Strelia Electrotecnia S. Coop. Galega Hardware libre… que é? que hai, estado actual? que me pode resolver? como podo xerar negocio? Solucións Strelia: A.- Industrialización de ...

Continue Reading

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!