A Cámara de Comercio e Concello de Santiago de Compostela veñen de conceder a Strelia o XX Premio Manuel Beiras na categoría “Uso continuado do galego”.
Un recoñecemento, por empregarmos o galego nun sector empresarial innovador e dinámico como é o da electrónica, as telecomunicacións e a industria. Énchenos de orgullo e fortalece o noso compromiso coa lingua propia como elemento válido para comunicar no mundo empresarial local e internacional, mais tamén para transmitir valores como o de calidade, compromiso, seriedade e respecto pola diversidade natural, social e cultural.
Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer e por en valor ás empresas que usan a lingua galega na súa comunicación dentro do ámbito empresarial, e que nesta edición de 2019 partillamos tamén coa cooperativa Numax e coa Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos.
Acta do xurado (GL) | Premios Manuel Beiras
Prensa: Praza | Economía en Galicia | El Correo Gallego | La Voz de Galicia
Vídeo do acto de entrega dos Premios Manuel Beiras 2019
16 de decembro de 2019