Categories ArchivesEconomia social

Strelia obtén o selo de Peme Innovadora do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. standard

Strelia ven de ser incluída no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. En Galicia tan só 151 empresas figuran nel e son recoñecidas co selo de Peme Innovadora. Isto acredita a nosa actividade na innovación e a nosa aposta polo desenvolvemento electrónico profesional. Estamos moi orgullosos de ser a única cooperativa Galega que conta co selo, e tamén de entrar no grupo de 19 cooperativas que figuran nese rexistro a nivel do Estado. Este recoñecemento danos máis folgos aínda para continuar coa nosa andaina no sector tecnolóxico dende o punto de vista da mellora continua a través da innovación.    

Continue Reading

Visita da secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia a Strelia. gallery

A Xunta salienta o seu compromiso co cooperativismo para dinamizar e modernizar o rural na visita da secretaria xeral de Emprego a Strelia. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou as instalacións de Strelia Electrotecnia onde resaltou a labor da cooperativa no desenvolvemento, fabricación e implantación de produtos e sistemas electrotécnicos e onde puido coñecer, de primeira man, os nosos traballos e proxectos, en colaboración con outras empresas, en áreas como a oceanografía, a transformación agro-forestal, as ciencias da terra ou os nosos servizos no campo das telecomunicacións, e onde destacou a importancia de proxectos cooperativos e de economía social, coma o de Strelia, para seguir dinamizando e modernizando o rural galego. Na visita guiada, a secretaria xeral coñeceu ...

Continue Reading

Encontro “Proxectos en común. Buscando cooperar”. image

Strelia participa no encontro “PROXECTOS EN COMÚN. BUSCANDO COOPERAR”. No encontro organizado por UGACOTA e AGACA para cooperativas, sociedades laborais e outras organizacións, déronse a coñecer exemplos e experiencias de redes de cooperación de empresas do ámbito da economía social, de diversos sectores como o agro-alimentario onde Strelia está a desenvolver varios proxectos de I+D+i. Strelia participa na xornada presentando a súa experiencia como unha cooperativa nova máis xa con unha boa traxectoria no ámbito do desenvolvemento electrónico e I+D, dando a coñecer os seus servizos e capacidades e e pondo a súa disposición a participar en novas redes de cooperación.

Continue Reading

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!