Strelia ven de realizar a sua xornada anual de planificación, desta volta visitando Merza e o val do Deza.

Para o 2020 fixamos como obxectivos consolidar a equipa de 6 persoas con pleno rendemento, incluíndo como novidade o lanzamento inminente dum produto propio no que vimos traballando no noso I+D+i.

Foi unánime o parecer sobre a resposta positiva da nosa clientela e o obxectivo de seguir mantendo esta liña de traballo. Foi recoñecida a boa atención ao cliente, os proxectos interesantes e de moito valor engadido que estamos a desenvolver, e que procede ampliar esta liña de traballo e carteira en novos sectores.

Despois dun rico xantar de convívio en O Refuxio, a actividade da tarde foi un roteiro á fervenza do rio Toxa pasando pola central eléctrica de Merza, antiga “Cooperativa Compostelana”, e finalmente tomar uns petiscos coa veciñanza do lugar.

Fomos moi ben acollidos en Merza, e a xornada foi amena, útil e inspiradora para un novo ano que se presenta com moitos retos e ilusións para a cooperativa.

31 de xaneiro de 2020