Tags Archivesoceanografía

INFOR-MAR: PRESENTAMOS RESULTADOS gallery

Strelia Electrotecnia, xunto con Hércules Control e Quantum Innovative presentan os seus resultados de innovación nun evento divulgativo final de proxecto. Ao abeiro do proxecto INFOR-MAR de “tecnoloxías para o despregue de información marítima de precisión”, desenvolvéronse sistemas e equipamento para redes sensóricas de alta precisión e baixo custe, que permiten aplicar matemática avanzada para unha disrupción no modelo de negocio da predición océano-meteorolóxica. Strelia desenvolveu a electrónica de ultra-baxo consumo e alta fiabilidade con entradas para unha ampla gama de sensores, e sistemas de comunicacións celulares. Intégrase unha ampla gama de parámetros de medida para ampliar significativamente a dispoñibilidade de información. Deseñouse unha estrutura (boia) que optimiza a captura de datos para os sensores embarcados. Optimizouse o funcionamento dos ...

Continue Reading

BOIA BARES CANDIDATA AOS TIC GALICIA image

A boia oceanográfica Bares, desenvolvida por Hércules e Strelia, ven de ser escollida como finalista aos premios do Cluster TIC na modalidade de mellor proxecto de tecnoloxías libres (HW e SW). Podes votar aquí polo noso proxecto. Só hai un día para votar!!!! BOIA BARES MONITORIZADO OCEANOGRÁFICO DE ONDAS, DIRECCIONAL E DE ALTA PRECISIÓN. Hércules Control, S.L. Strelia Electrotecnia, S. Coop. Galega A boia Bares é un sistema flotante de monitorización de ondas en tempo real baseado na última tecnoloxía de sensores inerciais. Lanzou-se ao mercado en 2018 e conta xa con instalacións piloto e comerciais operativas en diferentes partes do mundo (Galiza e Portugal, Azores, Centroamérica). O sistema integra elementos de hardware libre como Arduino, reformulados por Strelia para ...

Continue Reading

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!