A Cámara de Comercio e Concello de Santiago de Compostela veñen de conceder a Strelia o XX Premio Manuel Beiras na categoría “Uso continuado do galego”.

Un recoñecemento, por empregarmos o galego nun sector empresarial innovador e dinámico como é o da electrónica, as telecomunicacións e a industria. Énchenos de orgullo e fortalece o noso compromiso coa lingua propia como elemento válido para comunicar no mundo empresarial local e internacional, mais tamén para transmitir valores como o de calidade, compromiso, seriedade e respecto pola diversidade natural, social e cultural.

Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer e por en valor ás empresas que usan a lingua galega na súa comunicación dentro do ámbito empresarial, e que nesta edición de 2019 partillamos tamén coa cooperativa Numax e coa Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos.  |

Acta do xurado (GL)Premios Manuel Beiras

Prensa: Praza | Economía en Galicia | El Correo Gallego | La Voz de Galicia

16 de decembro de 2019