Empresa

Strelia Electrotecnia desenvolve solucións de electrónica profesional en campos como as telecomunicacións, a náutica, as ciencias da terra, o control industrial e a eficiencia enerxética.

Facemos os proxectos de I+D para os produtos necesarios, integramos a tecnoloxía axeitada e prestamos os servizos de enxeñaría electrónica e de telecomunicacións para a execución integral das solucións. A equipa da Strelia ofrece anos de experiencia e prestixio recoñecido no mundo do desenvolvemento electrónico e a oficina técnica de enerxía e telecomunicacións.

Strelia Electrotecnia é compromiso profesional, calidade e valores sociais. Somos unha iniciativa cooperativa desde a que traballamos con fundamento, seriedade e eficiencia para a nosa clientela; procurando sempre o respecto e coidado da natureza, das persoas e a súa diversidade.

A sede social, oficinas e laboratorios de desenvolvemento sitúanse en Santiago de Compostela (Galiza) desde onde colaboramos e traballamos para entidades da península Ibérica, Europa e o resto do mundo.

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!