Strelia ven de ser incluída no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. En Galicia tan só 151 empresas figuran nel e son recoñecidas co selo de Peme Innovadora.
Isto acredita a nosa actividade na innovación e a nosa aposta polo desenvolvemento electrónico profesional.
Estamos moi orgullosos de ser a única cooperativa Galega que conta co selo, e tamén de entrar no grupo de 19 cooperativas que figuran nese rexistro a nivel do Estado.
Este recoñecemento danos máis folgos aínda para continuar coa nosa andaina no sector tecnolóxico dende o punto de vista da mellora continua a través da innovación.

 

Sello PYME INNOVADORA 25/05/2021
PYME INNOVADORA
Válido hasta el 25 de mayo de 2021
escudo de MEIC 25/05/2021