ILUMINACIÓN EFICIENTE DE TÚNEIS

Sistema de eficiencia enerxética para a iluminación de túneis de estrada mediante o control electrónico punto a punto dos proxectores e adaptación dinámica en función de parámetros ambientais.

A iluminación de túneis está regulada por unha normativa luminotécnica sofisticada e estrita que resulta en elevados custes de explotación para as concesionarias das vías públicas. Os consumos son moi elevados, especialmente nas vías de alta velocidade en horario diúrno, e particularmente alto en territorios como a península Ibérica con moitas horas de sol e ceo despexado.

O sistema introduce elementos de control electrónico punto a punto dos proxectores, xunto con tecnoloxías da información e comunicacións para o seu control e telexestión. A solución complétase con sensores ambientais específicos e algoritmos para adaptar dinamicamente e con precisión o perfil lumínico resultante no túnel ao estabelecido por norma para garantir a seguranza na condución, e o correcto guiado e adaptación das condicións fisiolóxicas da vista.

Cun baixo investimento redúcese a factura eléctrica en valores típicos do 35%, resultando períodos de retorno moi competitivos, mesmo inferiores aos 3 anos. O sistema é igualmente válido para novas instalacións con tecnoloxía LED, sendo o aforro superior.

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!