HUMIDÍMETRO RF

Previous Image
Next Image

info heading

info content

Strelia Electrotecnia está a desenvolver un innovador sistema de medida en liña da humidade en materiais de orixe vexetal para liñas de produción industrial, empregando tecnoloxía de radiofrecuencia (RF).

Detectouse a importancia de poder medir con precisión e en tempo real o contido en humidade en procesos continuos como o secado de biomasa para valorización enerxética, a fabricación de taboleiro, o control de caldeiras, a fabricación de alimentos compostos na gandería; o procesamento de vexetais, sementes e grao; etc.

A técnica de medida por radiofrecuencia está pouco desenvolvida, mais ten a vantaxe de ser non-intrusiva, ofrecendo datos continuos e en tempo real (fronte as medidas por mostraxe), e é tamén penetrante, facendo unha avaliación integral do fluxo que se está a procesar en cada momento (fronte á medición por infravermelhos e a electro-capacitiva, que é mais superficial).

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!