ELECTRÓNICA PARA BOIAS OCEANOGRÁFICAS

Strelia Electrotecnia desenvolve con Hércules de Control (HCTech) o hardware electrónico para boias de medición direccional da serie “Bares”.

Este proxecto é a base para unha futura familia de boias oceanográficas multisensoriais, que integran tecnoloxías libres tanto no hardware como no software, acadando resultados de alta eficacia en custe, mantemento e calidade de datos.

É un sistema que inclúe un acelerómetro-magnetómetro-xiróscopo triaxiais de moi altas prestacións, un procesador Linux embarcado, sistema de comunicacións móbiles 3G/4G e un GPS multisistema.

A arquitectura é de moi baixo consumo e alta fiabilidade para condicións de traballo oceanográficas en todo o mundo.

Strelia realizou previamente para Hércules de Control a industrialización da súa boia de ondas non-direccional “Bares V1.0”, lanzando a preserie e desenvolvendo con éxito a producción dos sistemas electrónicos e as probas piloto cos clientes.

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!