Non perdas a nosa emisión por web sobre “Solucións profesionais con hardware libre Arduino e Raspberry-pi”, este venres 8 de marzo, desde o laboratorio de Strelia, ás 09:30 na plataforma #DemosXweb do CDTIC.
Aproveitar todo o coñecemento, plataformas, solucións e complementos de hardware libre co seu software libre asociado reduce enormemente os custos de enxeñería e permite chegar ao mercado decontado con solucións innovadoras e produtivas.
Para unha TIC ter produto propio, con elementos de hardware de seu, ábrelle as portas a infinidade de solucións específicas e exclusivas no mercado.

 

Programa

  1. Apresentación de Strelia Electrotecnia S. Coop. Galega
  2. Hardware libre…
    • que é?
    • que hai, estado actual?
    • que me pode resolver?
    • como podo xerar negocio?
  3. Solucións Strelia:
    • A.- Industrialización de produtos con Arduino, Raspberry Pi, etc.
    • B.- O hardware libre para o teu proxecto.
    • C.- Materializa a túa idea, somos o teu I+D+i de electrónica.
  4. Caso práctico desenvolvido por Strelia
    • Boia Bares.
  5. Conclusións.
  6. Contacto.

 

Como conectarte

En https://cdtic.xunta.gal/strelia-arduino haberá un visor. Só tes que premer “Play” .
Podes inscribirte previamente para ter mais información en: cdtic.xunta.gal.

 

A quen vai dirixido

Entidades grandes e pequenas, mesmo autónomos e emprendedores con iniciativas baseadas en dispositivos electrónicos.

A.- Empresas TIC que teñen algunha solución (prototipo o proba de concepto) baseada en hardware Arduino, Raspberry Pi, etc ou outros dispositivos e complementos (shields) de hardware libre, e necesitan dar o paso cara a súa versión comercial, aplicando a revisión profesional da enxeñaría electrónica, a industrialización que requira segundo o caso, e atender aspectos como fiabilidade, consumos, custes, fabricabilidade, etc.

B.- Empresas TIC que precisan (ou desexan) desenvolver unha solución na que se necesita un elemento de hardware propio (p. ex. dispositivos remotos – IoT, controladores autónomos con sensores específicos, telemetría, telecomunicacións LPWAN, rexistradores de ultra-baixo consumo, chaves de cifrado, detectores e sensores físicos a medida, etc). A empresa encárgase da idea global, do software xeral (para servidores, PCs, etc); do software embarcado (embedded) se o desexa, e Strelia desenvolve umha base rápida e económica para desenvolver e probar a aplicación.

C.- Entidades e persoas en xeral con unha idea innovadora que se pode resolver con un dispositivo electrónico específico e software, e precisan unha parceira que se encargue da enxeñaría e o I+D+i baseada en hardware libre. Strelia desenvolvería o hardware e coordinaríase con empresas de software libre, fablabs, etc para resolver o produto.

Strelia está familiarizada co sistema e recursos europeos, estatais e autonómicos de apoio e fomento da innovación, facilitando a participación nas convocatorias habituais da GAIN, CDTI, Comisión europea, etc.

 

Relator

Santiago Moroño. Director Técnico e co-fundador da cooperativa de base tecnolóxica Strelia Electrotecnia. Enxeñeiro de Telecomunicacións da especialidade de equipos electrónicos con mais de 20 anos de experiencia en I+D+i na industria electrónica ibérica e internacional.

 

Strelia

Strelia Electrotecnia desenvolve solucións de electrónica profesional en campos como as telecomunicacións, a oceanografía, as ciencias da terra, o control industrial e a eficiencia enerxética. A equipa da Strelia ofrece anos de experiencia e prestixio recoñecido no mundo do desenvolvemento electrónico e a oficina técnica de telecomunicacións. Somos compromiso profesional, calidade e valores sociais.
Strelia é a primeira cooperativa galega rexistrada pola Secretaria General de Ciencia e Innovación do goberno de España co carimbo de “Pymes Innovadoras”. E foi recoñecida pola Xunta de Galiza como Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica IEBT.

 

DESCARGAR PROGRAMA

 

6 de marzo de 2019