Aviso legal

Identidade do titular da web e contactos

Este sitio web é titularidade de Strelia Electrotecnia S. Coop. Galega, con NIF F70379698, domiciliada en Compostela, rúa de Melide 11-3B, código postal 15705 de Galiza. Teléfono de contacto +34 981558988. Está inscrita no rexistro de Cooperativas de Galiza. Libro de Sociedades Cooperativas, Tomo VII, Folla 379-SCT, Folio 1, Asento 1. Correo electrónico info@strelia.pro

Aceptación das condicións de uso

As presentes condicións (en adiante denominadas como Aviso Legal) teñen por obxecto regular o uso desta web que o seu titular pon a disposición do público na presente URL.

A utilización da web por un terceiro atribúelle a condición de Usuario e supón a aceptación total por dito Usuario de todas e cada unha das condicións que se incorporan no presente Aviso Legal.

Uso correcto do sitio web

O Usuario comprométese a utilizar a web, os contidos e servizos de conformidade coa lei, o presente Aviso Legal, os bos costumes e a orde pública. Do mesmo modo, o Usuario obrígase a non empregar a web ou os servizos que se presten a través da mesma con fins ou efectos ilícitos ou contrarios ao contido do presente Aviso Legal, lesivos dos intereses ou dereitos de terceiros, ou que de calquera xeito poida danar, inutilizar ou deteriorar a web ou os seus servizos, ou impedir un normal emprego da web por outros Usuarios.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos da web, salvo que se indique o contrario, son titularidade exclusiva do titular da web ou de terceiros e, con carácter enunciativo, que non limitativo, o deseño gráfico, código fonte, logos, textos, gráficos, ilustracións, fotografías, e o resto elementos que aparecen na web.

Igualmente, todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos na web están protexidos pola lei.

O titular da web non concede ningún tipo de licencia ou autorización de uso persoal ao Usuario sobre os seus dereitos de propiedade intelectual e industrial ou sobre calquera outro dereito relacionado coa súa web e os servizos ofrecidos na mesma.

Por todo iso, o Usuario recoñece que a reprodución, distribución, comercialización, transformación, e en xeral, calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, de todo ou parte dos contidos desta web constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial do titular da web ou do titular dos mesmos.

Réxime de responsabilidade

Responsabilidade polo uso da web

O Usuario é o único responsable das infraccións nas que poida incorrer ou dos prexuízos que poida causar pola utilización da web, ficando o titular da web, os seus socios, empresas do grupo, colaboradores, empregados e representantes, exonerados de calquera clase de responsabilidade que se puidese derivar polas accións do Usuario.

O titular da web empregará tódolos esforzos e medios razoábeis para facilitar información actualizada e certeira na web, porén, o titular da mesma non asume ningunha garantía en relación coa ausencia de erros, ou de posíbeis inexactitudes, grallas e/ou omisións en ningún dos contidos accesibles a través desta web.

No caso que se facilite o uso de contrasinais persoais ao usuario que se rexistre como tal respecto a determinados servizos (por exemplo, selección de persoal), o usuario deberá manter baixo a súa exclusiva responsabilidade os contrasinais na máis estrita confidencialidade, asumindo, polo tanto, cantos danos ou consecuencias se deriven do quebrantamento ou revelación do secreto.

Responsabilidade polo funcionamento da web

O titular da web exclúe toda responsabilidade relativa á dispoñibilidade e continuidade do sitio web así como dos servizos vinculados á mesma así como de calquera interferencia, omisión, interrupción, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo do sistema electrónico, motivado por causas alleas ao titular da web.

O titular da web esta facultado para suspender temporalmente, e sen previo aviso, a accesibilidade ao web con motivo de operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora.

Responsabilidade por ligazóns

As ligazóns a contidos na web poden conducir ao Usuario a outras webs xestionadas por terceiros. A función das ligazóns que aparecen é unicamente a de informar ao Usuario sobre a existencia doutras fontes de información sobre un tema en concreto.

O titular da web queda exonerado de toda responsabilidade polo correcto funcionamento de tales enlaces, do resultado obtido a través de ditos enlaces, da veracidade e licitude do contido ou información á que se pode acceder, así como dos prexuízos que poida sufrir o Usuario en virtude da información atopada na web enlazada.

Política respecto aos datos persoais obtidos a través da web

Para visitar a web de Strelia, en xeral non é necesario facilitar os seus datos de carácter persoal; mais pode ser posíbel que en determinadas circunstancias sexa requirido para podérmonos relacionar con vostede. Nos casos en que vostede nos facilite datos persoais, estes incorporaranse ao ficheiro, titularidade de Strelia, que corresponda e o seu tratamento unicamente haberá facerse coa finalidade para a que foron facilitados: resolución de consultas, contacto comercial relativo a produtos e servizos de Strelia, selección e contratación de empregados e/ou outras funcionalidades. No caso que non proporcione os seus Datos Persoais, seralle denegado a posibilidade de beneficiarse de certas utilidades ofrecidas polo nosa web nas que sexan requiridos os datos persoais, como pode ser a selección de persoal.

O feito de facilitaren os seus datos persoais supón a súa activa e expresa conformidade ao seu tratamento nos termos descritos. En calquera momento vostede dispón do dereito de acceder, rectificar ou cancelar os datos persoais que nos facilitou, así como oporse ao seu tratamento, dirixíndose a Strelia a medio da remisión dun correo electrónico a info@strelia.pro ou nas oficinas situadas no domicilio social indicado anteriormente nesta web.

A presente web pode utilizar “cookies” có fin de facilitar a navegación e ofrecer un servizo personalizado e máis áxil. Consulte o apartado de cookies deste web para mais información.

Observacións do usuario

O Usuario garante que a información, material, contidos ou observacións que non sexan os seus propios datos persoais e que sexan facilitados ao titular da web a través da web, non infrinxen os dereitos de propiedade intelectual ou industrial de terceiros, nin ningunha outra disposición legal.

Modificacións das condicións de uso

O titular da web resérvase o dereito a modificar, desenvolver ou actualizar en calquera momento e sen previa notificación, as condicións de uso da presente web. O Usuario ficará obrigado automaticamente polas condicións de uso que se encontren vixentes no momento en que acceda ao web, polo que deberá ler periodicamente ditas condicións de uso.

Lexislación aplicábel e competencia xurisdicional

Todas as controversias ou reclamacións derivadas da interpretación ou execución do presente Aviso Legal rexeranse pola lexislación galega, española e europea, e someteranse á xurisdición dos xulgados e tribunais de Compostela.

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!