O proxecto INFOR-MAR foi subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través do programa CONECTA PEME correspondente ao ano 2018, cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 dentro do obxectivo temático OT 1. “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”. O proxecto conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

No proxecto consorciado participan HERCULES CONTROL S.L.STRELIA ELECTROTECNIA S. COOP. GALEGA, e QUANTUM INNOVATIVE S.L. cun orzamento total de 767.560,40€ e subvención concedida de 383.780,20€.

O obxectivo do presente proxecto é desenvolver unha rede de sensórica de alta precisión e baixo custo, que permita aplicar matemática avanzada para unha disrupción no modelo de negocio da predición océano-meteorolóxica. Como resultado un conxunto de hardware (boias altamente competitivas) e software para xerar unha ferramenta de monitoraxe de datos marítimos.

Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación
Apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria
Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea