Emprego

Ofertas de emprego activas:

ENXEÑEIRO/A ELECTRÓNICO/A I+D+I

ENXEÑEIRO/A ELECTRÓNICO/A I+D+I

Enxeñeiro/a de telecomunicacións ou industrial para posto de deseño electrónico, desenvolvemento de hardware, innovación tecnolóxica e sistemas de telecomunicación na empresa cooperativa Strelia Electrotecnia (www.strelia.pro),
para traballar en sectores como a oceanografía, redes de comunicacións radio, IoT, Industria 4.0, acuicultura, ciencias da terra, agroforestal e oficina de proxectos de telecomunicacións.

REQUISITOS:

  • Con experiencia e vocación no desenvolvemento de solucións de electrónica profesional en áreas como: telemetría, microcontroladores, sensores, telecomunicacións, electrónica náutica, control industrial, instrumentación, electrónica dixital e analóxica, protocolos de comunicacións e buses, sistemas radio e satélite, GPS, PCBs, FPGAs, Arduino, Raspberry Pi e equivalentes. Familiaridade coa industrialización e fabricación de produtos electrónicos e a organización industrial. Familiaridade con software e hardware libre e Linux.
  • Con capacidades e interese para participar na definición das estratexias empresariais e comerciais, xeración de negocio, tramitacións administrativas, redacción e desenvolvemento de proxectos e traballos técnicos de campo, alén da función principal de desenvolvemento electrónico.
  • Capacidade de traballo en equipo. Orientación á organización e á metodoloxía. Valorarase experiencia en sociedades cooperativas.
  • Idiomas: galego/portugués, español e inglés fluídos.
  • Residencia na área de Compostela.

OFRÉCESE:

  • Contrato laboral e itinerario para incorporación como persoa socia na cooperativa.
  • Salario inicial segundo experiencia:
    • Senior 18.000 € br/ano + 9.500 € para achegas ao capital social.
    • Junior 15.000 € br/ano + 9.500 € para achegas ao capital social.
  • Horario: 08:00-17:00 e venres de 08:00-14:00. Posibilidades de tele-traballo parcial e conciliación familiar.
  • Ambiente de traballo colaborador. Organización, profesionalidade e participación na empresa.
  • Formación continua e desenvolvemento dun perfil profesional de I+D de altas competencias.
  • Incorporación: marzo 2019.
DESCARGAR OFERTA

Envío de CV a: info@strelia.pro (Indicar referencia “Enxeñeiro/a electrónico/a I+D+I”)


Neste momento non temos máis ofertas dispoñibles, pero podes enviarnos os teus datos e o teu CV e terémolo en conta para futuros procesos de selección.

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!