Politica de privacidade e cookies

Política de cookies

Strelia.pro utiliza «cookies» para mellorar a túa experiencia no web. Asumimos á partida, que estás de acordo con esta política, mais tes a opción de desactivalas «cookies» no teu navegador se quixeres.

Que é unha cookie?

Unha cookie é un fichero de texto inofensivo que se almacena no seu navegador cando visita case calquera páxina web. A utilidade da cookie é que o web sexa quen de lembrar a súa visita cando volva navegar por esa páxina. Aínda que moita xente non o sabe as cookies lévanse utilizando desde hai 20 anos, cando apareceron os primeiros navegadores para a World Wide Web.

Que NON É unha cookie?

Non é un virus, nin un troyano, nin un gusano, nin spam, nin spyware, nin abre xanelas pop-up.

Que información almacena unha cookie?

As cookies non adoitan almacenar información sensíbel sobre vostede, como cartóns de crédito ou datos bancarios, fotografías, o seu DNI ou información persoal, etc. Os datos que gardan son de carácter técnico, preferencias persoais, personalización de contidos, etc.

O servidor web non o asocia a vostede como persoa, senón que é ao seu navegador web. De feito, se vostede navega habitualmente con Internet Explorer e proba a navegar pola mesma web con Firefox ou Chrome verá que o web non se dá conta que é vostede a mesma persoa porque en realidade está asociando o navegador, non a persoa.

Que tipo de cookies existen?

Cookies técnicas: Son as máis elementais e permiten, entre outras cousas, saber cando está navegando un humano ou unha aplicación automatizada, cando navega un usuario anónimo e un rexistrado, tarefas básicas para o funcionamento de calquera web dinámica.

Cookies de análise: Recollen información sobre o tipo de navegación que esta a fazer, as seccións que máis emprega, produtos consultados, franxa horaria de uso, idioma, etc.

Cookies publicitarias: Mostran publicidade en función da súa navegación, o seu país de procedencia, idioma, etc.

Que son as cookies propias e as de terceiros?

As cookies propias son as xeradas pola páxina que está visitando e as de terceiros son as xeradas por servizos ou fornecedores externos como Facebook, Twitter, Google, etc.

Que acontece se desactivo as cookies?

Para que entenda o alcance que pode ter desactivar as cookies mostrámoslle uns exemplos:

Non poderá partillar contidos dese web en Facebook, Twitter ou calquera outra rede social.

O sitio web non poderá adaptar os contidos aos seus preferencias persoais, como adoita ocorrer nas tendas online.

Non poderá acceder à área persoal dese web, por exemplo “A miña conta”, ou “O meu perfil” ou “A miña encomenda”.

Tendas online: Seralle imposíbel facer compras online, terán que ser telefónicas ou visitando a tenda física se é que dispón dela.

Non será posíbel personalizar as súas preferencias xeográficas como fuso horaria, divisa ou idioma.

O sitio web non poderá realizar analíticas web sobre visitantes e tráfico no web, o que dificultará que o web sexa competitivo.

Non poderá escribir no blog, non poderá pendurar fotos, publicar comentarios, valorar ou puntuar contidos. O web tampouco poderá saber se vostede é un humano ou unha aplicación automatizada que publica spam.

Non se poderá mostrar publicidade sectorizada, o que reducirá os ingresos publicitarios do web.

Todas as redes sociais usan cookies, se as desactiva non poderá traballar con ningunha rede social.

Cookies empregadas neste sitio web

Detallamos de seguido o uso de cookies que fai esta web co fin de informarlle coa máxima exactitude posible.

Cookies propias:

– Cookies de sesión, para garantir que os usuarios que escriban comentarios no blog sexan humanos e non aplicacións automatizadas. Desta forma combátese o spam.

Cookies de terceiras:

– Google Analytics: Almacena cookies para poder elaborar estatísticas sobre o tráfico e volume de visitas desta web. Ao utilizar este sitio web está consentindo o tratamento de información achega de vostede por Google. Xa que logo, o exercicio de calquera dereito neste sentido deberá facelo comunicando directamente con Google.

– Redes sociais: Cada rede social utiliza as súas propias cookies para que vostede poida pinchar en botóns do tipo Gústame ou Partillar.

Desactivación ou eliminación de cookies

En calquera momento poderá exercer o seu dereito de desactivación ou eliminación de cookies deste sitio web. Estas accións realízanse de forma diferente en función do navegador que estea usando. Aquí deixámoslle unha guía rápida para os navegadores máis populares.

As Cookies pódense eliminar e tamén bloquear, de forma xeral ou particular para un dominio específico.

Para eliminar as cookies dun sitio web debe ir á configuración da súa navegador e alí poderá buscar as asociadas ao dominio en cuestión e proceder á súa eliminación.

Configuración de cookies para os navegadores máis populares

A continuación indicámoslle como acceder a unha cookie determinada do navegador Chrome. Nota: estes pasos poden variar en función da versión do navegador:

1. Vaia a Configuración ou Preferencias mediante o menú Arquivo ou ben pinchando o icono de personalización que aparece arriba á dereita.

2. Verá diferentes seccións, pinche a opción Mostrar opcións avanzadas.

3. Vaia a Privacidade, Configuración de contido.

4. Seleccione Todas as cookies e os datos de sitios.

5. Aparecerá un listado con todas as cookies ordenadas por dominio. Para que lle sexa máis fácil atopar as cookies dun determinado dominio introduza parcial ou totalmente a dirección no campo Buscar cookies.

6. Tras realizar leste filtro aparecerán en pantalla unha ou varias liñas coas cookies da web solicitada. Agora só ten que seleccionala e pulsar a X para proceder á súa eliminación.

Para acceder á configuración de cookies do navegador Internet Explorer siga estes pasos (poden variar en función da versión do navegador):

1. Vaia a Ferramentas, Opcións de Internet

2. Faga click en Privacidade.

3. Mova o deslizador ata axustar o nivel de privacidad que desexe.

Para acceder á configuración de cookies do navegador Firefox siga estes pasos (poden variar en función da versión do navegador):

1. Vaia a Opcións ou Preferencias segundo o seu sistema operativo.

2. Faga click en Privacidade.

3. En Historial elixa Usar unha configuración personalizada para o historial.

4. Agora verá a opción Aceptar cookies, pode activala ou desactivala segundo as súas preferencias.

Para acceder á configuración de cookies do navegador Safari para OSX siga estes pasos (poden variar en función da versión do navegador):

1. Vaia a Preferencias, despois Privacidade.

2. Neste lugar verá a opción Bloquear cookies para que axuste o tipo de bloqueo que desexa realizar.

Para acceder á configuración de cookies do navegador Safari para iOS siga estes pasos (poden variar en función da versión do navegador):

1. Vaia a Axustes, daquela Safari.

2. Vaia a Privacidad e Seguridade, verá a opción Bloquear cookies para que axuste o tipo de bloqueo que desexa realizar.

Para acceder á configuración de cookies do navegador para dispositivos Android siga estes pasos (poden variar en función da versión do navegador):

1. Execute o navegador e pulse a tecla Menú, logo Axustes.

2. Vaia a Seguridade e Privacidad, verá a opción Aceptar cookies para que active ou desactive a casilla.

Para acceder á configuración de cookies do navegador para dispositivos Windows Phone siga estes pasos (poden variar en función da versión do navegador):

1. Abra Internet Explorer, logo Máis, logo Configuración

2. Agora pode activar ou desactivar a casilla Permitir cookies.

Notas adicionais

Nin este web nen os seus representantes legais fanse responsábeis nin do contido nin da veracidade das políticas de privacidade que poidan ter os terceiros mencionados nesta política de cookies.

Os navegadores web son as ferramentas encargadas de almacenar as cookies e desde este lugar debe efectuar o seu dereito a eliminación ou desactivación das mesmas. Nin este web nin os seus representantes legais poden garantir a correcta ou incorrecta manipulación das cookies por parte dos mencionados navegadores.

Nalgúns casos é necesario instalar cookies para que o navegador non esqueza a súa decisión de non aceptación das mesmas.

No caso das cookies de Google Analytics, esta empresa almacena as cookies en servidores situados en Estados Unidos e comprométese a non compartila con terceiros, excepto nos casos nos que sexa necesario para o funcionamento do sistema ou cando a lei obrigue para ese efecto. Segundo Google non garda a súa dirección IP. Google Inc. é unha compañía adherida ao Acordo de Porto Seguro que garante que todos os datos transferidos serán tratados cun nivel de protección acorde á normativa europea.

Para calquera dúbida ou consulta achega desta política de cookies non dubide en comunicarse connosco a través da sección de contacto deste web.

Aviso Legal

Identidade do titular da web e contactos

Este sitio web é titularidade de Strelia Electrotecnia S. Coop. Galega, con NIF F70379698, domiciliada en Compostela, rúa de Melide 11-3B, código postal 15705 de Galiza. Teléfono de contacto +34 981558988. Está inscrita no rexistro de Cooperativas de Galiza. Libro de Sociedades Cooperativas, Tomo VII, Folla 379-SCT, Folio 1, Asento 1. Correo electrónico info@strelia.pro

Aceptación das condicións de uso

As presentes condicións (en adiante denominadas como Aviso Legal) teñen por obxecto regular o uso desta web que o seu titular pon a disposición do público na presente URL.

A utilización da web por un terceiro atribúelle a condición de Usuario e supón a aceptación total por dito Usuario de todas e cada unha das condicións que se incorporan no presente Aviso Legal.

Uso correcto do sitio web

O Usuario comprométese a utilizar a web, os contidos e servizos de conformidade coa lei, o presente Aviso Legal, os bos costumes e a orde pública. Do mesmo modo, o Usuario obrígase a non empregar a web ou os servizos que se presten a través da mesma con fins ou efectos ilícitos ou contrarios ao contido do presente Aviso Legal, lesivos dos intereses ou dereitos de terceiros, ou que de calquera xeito poida danar, inutilizar ou deteriorar a web ou os seus servizos, ou impedir un normal emprego da web por outros Usuarios.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos da web, salvo que se indique o contrario, son titularidade exclusiva do titular da web ou de terceiros e, con carácter enunciativo, que non limitativo, o deseño gráfico, código fonte, logos, textos, gráficos, ilustracións, fotografías, e o resto elementos que aparecen na web.

Igualmente, todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos na web están protexidos pola lei.

O titular da web non concede ningún tipo de licencia ou autorización de uso persoal ao Usuario sobre os seus dereitos de propiedade intelectual e industrial ou sobre calquera outro dereito relacionado coa súa web e os servizos ofrecidos na mesma.

Por todo iso, o Usuario recoñece que a reprodución, distribución, comercialización, transformación, e en xeral, calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, de todo ou parte dos contidos desta web constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial do titular da web ou do titular dos mesmos.

Réxime de responsabilidade

Responsabilidade polo uso da web

O Usuario é o único responsable das infraccións nas que poida incorrer ou dos prexuízos que poida causar pola utilización da web, ficando o titular da web, os seus socios, empresas do grupo, colaboradores, empregados e representantes, exonerados de calquera clase de responsabilidade que se puidese derivar polas accións do Usuario.

O titular da web empregará tódolos esforzos e medios razoábeis para facilitar información actualizada e certeira na web, porén, o titular da mesma non asume ningunha garantía en relación coa ausencia de erros, ou de posíbeis inexactitudes, grallas e/ou omisións en ningún dos contidos accesibles a través desta web.

No caso que se facilite o uso de contrasinais persoais ao usuario que se rexistre como tal respecto a determinados servizos (por exemplo, selección de persoal), o usuario deberá manter baixo a súa exclusiva responsabilidade os contrasinais na máis estrita confidencialidade, asumindo, polo tanto, cantos danos ou consecuencias se deriven do quebrantamento ou revelación do secreto.

Responsabilidade polo funcionamento da web

O titular da web exclúe toda responsabilidade relativa á dispoñibilidade e continuidade do sitio web así como dos servizos vinculados á mesma así como de calquera interferencia, omisión, interrupción, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo do sistema electrónico, motivado por causas alleas ao titular da web.

O titular da web esta facultado para suspender temporalmente, e sen previo aviso, a accesibilidade ao web con motivo de operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora.

Responsabilidade por ligazóns

As ligazóns a contidos na web poden conducir ao Usuario a outras webs xestionadas por terceiros. A función das ligazóns que aparecen é unicamente a de informar ao Usuario sobre a existencia doutras fontes de información sobre un tema en concreto.

O titular da web queda exonerado de toda responsabilidade polo correcto funcionamento de tales enlaces, do resultado obtido a través de ditos enlaces, da veracidade e licitude do contido ou información á que se pode acceder, así como dos prexuízos que poida sufrir o Usuario en virtude da información atopada na web enlazada.

Política respecto aos datos persoais obtidos a través da web

Para visitar a web de Strelia, en xeral non é necesario facilitar os seus datos de carácter persoal; mais pode ser posíbel que en determinadas circunstancias sexa requirido para podérmonos relacionar con vostede. Nos casos en que vostede nos facilite datos persoais, estes incorporaranse ao ficheiro, titularidade de Strelia, que corresponda e o seu tratamento unicamente haberá facerse coa finalidade para a que foron facilitados: resolución de consultas, contacto comercial relativo a produtos e servizos de Strelia, selección e contratación de empregados e/ou outras funcionalidades. No caso que non proporcione os seus Datos Persoais, seralle denegado a posibilidade de beneficiarse de certas utilidades ofrecidas polo nosa web nas que sexan requiridos os datos persoais, como pode ser a selección de persoal.

O feito de facilitaren os seus datos persoais supón a súa activa e expresa conformidade ao seu tratamento nos termos descritos. En calquera momento vostede dispón do dereito de acceder, rectificar ou cancelar os datos persoais que nos facilitou, así como oporse ao seu tratamento, dirixíndose a Strelia a medio da remisión dun correo electrónico a info@strelia.pro ou nas oficinas situadas no domicilio social indicado anteriormente nesta web.

A presente web pode utilizar “cookies” có fin de facilitar a navegación e ofrecer un servizo personalizado e máis áxil. Consulte o apartado de cookies deste web para mais información.

Observacións do usuario

O Usuario garante que a información, material, contidos ou observacións que non sexan os seus propios datos persoais e que sexan facilitados ao titular da web a través da web, non infrinxen os dereitos de propiedade intelectual ou industrial de terceiros, nin ningunha outra disposición legal.

Modificacións das condicións de uso

O titular da web resérvase o dereito a modificar, desenvolver ou actualizar en calquera momento e sen previa notificación, as condicións de uso da presente web. O Usuario ficará obrigado automaticamente polas condicións de uso que se encontren vixentes no momento en que acceda ao web, polo que deberá ler periodicamente ditas condicións de uso.

Lexislación aplicábel e competencia xurisdicional

Todas as controversias ou reclamacións derivadas da interpretación ou execución do presente Aviso Legal rexeranse pola lexislación galega, española e europea, e someteranse á xurisdición dos xulgados e tribunais de Compostela.

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!