Política de confidencialidade

A asemblea xeral de Strelia Electrotecnia estabeleceu unha política de confidencialidade que é coñecida, aceitada, e posta en práctica por todas e cada unha das persoas que desenvolven a súa actividade na cooperativa. A declaración pode ser descargada na súa versión integra na ligazón que figura abaixo. Resúmense de seguido os seus artigos:

  1. Manterase confidencialidade sobre as entidades para as que se está a traballar entanto non se autorice a súa divulgación.
  2. Manterase confidencialidade sobre os contidos dos produtos ou servizos que se están a desenvolver para cada cliente en tanto non se autorice a súa divulgación.
  3. Manterase unha actitude discreta a respecto das cuestións relacionadas coa confidencialidade, evitando manifestacións explícitas sobre a materia.
  4. Nos contratos que se redacten terase en conta determinar as necesidades de confidencialidade que procedan.
  5. Garantirase en todo momento preservar a confidencialidade con profesionalidade e xerando confianza  a medio da discreción e o respecto.
  6. A confidencialidade aplicarase ás informacións comunicadas por calquera medio e soporte, e con calquera que sexa a intencionalidade coa que se reciba.
  7. O artº 10.e dos estatutos da cooperativa estabelece “gardar segredo sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa cuxa divulgación poida prexudicar os intereses sociais lícitos”.
  8. En cumprimento da LOPD protexerase e garantirase a confidencialidade e o correcto tratamento dos dados de carácter persoal aos que se teña acceso.
  9. As persoas responsábeis de cada proxecto encargaranse de comunicar á equipa de traballo as condicións de confidencialidade específicas que son de aplicación.
  10. É condición para a incorporación de persoal a Strelia obrigarse por escrito ao coñecemento, aceptación e cumprimento destes compromisos.
Política de Confidencialidade de Strelia (GL)

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!